Hoxe a señora Conselleira tivo a ben vir visitar estas lonxanas terras. En novembro comprometérase coa Plataforma a visitar Valdeorras e explicar que as súas intencións non eran (segundo ela) eliminar a área. Non voltamos saber nada dela ata que hoxe almorzamos lendo nos xornais que nos visitaba... Perdón, mal expresado: que visitaba á Dirección do HCV.
Pero como na Plataforma somos xente hospitalaria, acudimos a recibila como se merece: cunha pancarta ben grande e berrando: "Farjas, escoita, a área non se toca!".
Nenhum comentário:
Postar um comentário