A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

31.12.11

Máis de 600 mozos desfrutan do rock máis reivindicativo

Música e reivindicación foron da man no senRecortes Rock o pasado 30 de decembro, onde a música dos mellores grupos da nosa área sanitaria se deu cita xunto coas reivindicacións da Plataforma que piden unha sanidade pública digna e gratuíta para todos e todas.

O frío non foi un impedimento para que centos de valdeorreses acudisen ao concerto, xa que grandes cañóns que inudaban de calor a carpa e a música de grandes artistas dos grupos Sen Saída, Navegando a Barlovento, Trasnochando, Placeres Solitarios ou Os Cuchufellos, foron quen de quentar a moite.

A Plataforma viu cumpridos os obxectivos marcados para o concerto, xa que o evento congregou unha morea de xente moza á que se lle trasladou a información do que a Xunta de Galicia está a facer coa nosa sanidade pública e os recortes que Feijoo está cometendo na nosa área sanitaria.

Foron días de intenso traballo para lograr levar a cabo o concerto que non tivo apoios de ningún tipo, senón que a Plataforma só se atopou con atrancos. Xa desde o día anterior a montaxe da carpa máis o escenario foi ambientando o campo da festa. Ó longo do concerto os asistentes foron interactuando e non faltaron os bailes ou os cánticos, para rematar cunha jam sesion improvisada onde artistas das diferentes formación foron subindo ao escenario para interpretar clásicos que lle ía solicitando o público.

Dende a Plataforma só queda darlle as grazas aos grupos musicais, a todas aquelas persoas que colaboraron na organización doconcerto, e, sobre todo, a todos e todas os que fixestes que o senRecortes Rock fora unha realidade e colaborastes mercando a entrada e facendo vosas as reividincacións para acadar unha mellor sanidade pública.

Nenhum comentário:

Postar um comentário