A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

25.5.12

As consecuencias da Área Integrada son peores do que a Plataforma anunciaba


Despois de 7 meses baixo a fórmula de xestión de Área Integrada, as consecuencias da mesma aínda son peores das vaticinadas pola Plataforma en defensa da Sanidade Pública da área do Barco, posto que estes cambios estanse a producir na parte máis negativa, máis rápido do esperado.


Uns exemplos:
No HCV neste momento temos un xinecólogo e un internista menos traballando, sendo este último un  servizo que polo envellecemento da poboación é básico na nosa área, levamos ademais varias semanas por primeira vez na historia do hospital sen hematólogo, agora lévase telemáticamente desde o servizo de hematoloxia de Ourense, parece que a esta administración impórtalle ben pouco o que poida pasar en caso de urxencia(transfusión de sangue ou problema relacionado co sangue) que requerise a presenza dun hematólogo.

Por outra banda un Concello coa dispersión que ten o da Veiga queda cun solo médico, preguntámonos que vai pasar en caso de urxencia se o facultativo está nun domicilio.

As listas de espera en rehabilitación, traumatoloxía, oncoloxía e mais servizos, aumentan de forma alarmante ao igual que as listas de paro do persoal que a Xunta condena ao desemprego causando estragos na calidade asistencial. O servizo de traumatoloxía mostra ás claras a filosofía da Xerencia, por un lado non cobren unha praza de traumatólogo que hai en plantilla, e por outro fan innumerables horas extras sen remediar que as listas de espera sigan aumentando día tras día (é curioso que este sexa o único servizo que as faga sendo o xefe deste servizo o marido da Xerente).

Que bonitas eran aquelas palabras que nos falaban de reordenar recursos e que mellorariamos co novo modelo de xestión integrada, que teriamos mais especialidades, mais inversión; inversión?? Aínda estamos á espera do TAC prometido xa hai 2 anos e que cando preguntamos por el sempre din que está a punto de chegar, pero o TAC non da chegado.

Nenhum comentário:

Postar um comentário