A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

15.10.09

Onde dixen digo, digo agora Diego, ou como o PP cambia de discurso

No pleno celebrado onte no Concello do Barco debatíase unha moción presentada polo BNG sobre o mantemento da Área Sanitaria do Barco coas súas competencias actuais.
O resultado da votación despois dun intenso debate foi de unanimidade a favor da proposta. O portavoz do PP, Moisés Blanco, manifestou que "en ningún momento desde a Consellería de Sanidade se falou de suprimir a Área do Barco" (cousa totalmente falsa) e incluso chegou a afirmar que na súa visita ao HCV con motivo da toma de posesión da Xerente, a Conselleira, Pilar Farjas, dirixiuse claramente aos traballadores alí presentes para dicir que non pensaba suprimir a Área do Barco. Como queira que o señor Blanco non estaba presente ese día, e sí unha boa parte dos traballadores e da Xunta de Persoal, membros destaPlataforma, queremos aclararlle ao voceiro do PP do Barco que a Conselleira naquela visita non desmentiu a súa intención de fusionar as dúas áreas nunha sóa área provincial, malia ser preguntada directamente polo asunto, e, o que é máis, as súas palabras textuais foron: "no pretendereis que haya once áreas sanitarias en Galicia" o que é bastante significativo das súas intencións.

Tamén onte se celebraba un pleno do Parlamento Galego onde a Conselleira respondeu de xeito oral a unha pregunta presentada pola deputada socialista Maria Carmen Acuña sobre o mesmo asunto, onde parece ser que a resposta da Conselleira foi moi similar no seu contido tanto á argumentación do voceiro do PP no Concello do Barco como ao contido dun bando que publicou a alcaldesa de Vilamartin días atrás dicindo que a Plataforma manipula e está a facer un engano masivo. Agora falan de que en ningún momento se dixo que se ía suprimir a área e que pensan mantela con todas as súas competencias e mesmo mellorala. Onde dixen digo, digo Diego. A ver quén fai o engano masivo.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco celebra hoxe ás 20 hs unha asemblea, na que se debatirá e se valorará o acaecido onte no pleno do Concello do Barco e no Parlamento Galego e tomará as determinacións pertinentes ao respecto.

Nenhum comentário:

Postar um comentário