A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

4.6.10

A área falou, e falou claro


Éxito rotundo da manifestación convocada onte. A poboación da área saiu onte masivamente á rúa para berrar ben alto: SOMOS UNHA ÁREA!

Agardemos que ás "altas instancias" da Consellería chegaran claramente as consignas que se berraron onte durante o percorrido da manifestación: "Conselleira, trapalleira", "Farjas, escoita: a área non se toca", "Conselleira, dimisión"...

Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública queremos agradecer a todas as persoas a súa participación e o seu apoio. Nomeadamente, queremos dar as grazas á xente que se achegou desde distintos puntos da xeografía e ás Plataformas de Vigo, Ourense, Monforte, Burela, Ferrol, Pontevedra, Verin, Lugo...
Seguimos esixindo, seguimos loitando, SOMOS UNHA ÁREA!



Nenhum comentário:

Postar um comentário