A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

28.10.10

A sociedade de radioloxía oponse á concentración de gardas entre Verín e O Barco

Parece que non só as Plataformas pensamos que acumular gardas de radioloxía de tres hospitais nun só é un xeito de aforrar a costa da saúde de certas poboacións. Tamén a Sociedade Galega de Radioloxía se pronunciou recentemente nese senso. Podedes ver a nova na súa páxina web: http://www.radioloxiagalega.es/sgr/index.php

Deixámosvos aqui o comunicado completo:

Carta aberta da SGR en relacion co uso da Telerradioloxia na nosa Comunidade

A Xunta Directiva da Sociedade Galega de Radioloxía, ante a inquietude xerada entre a Comunidade Radioloxica de Galicia pola presentacion da Plataforma Diagnostica do SERGAS considerou oportuno facer publicas as suas liñas de opinión que podan ser utiles tanto para os Radiologos da Sociedade como para as autoridades Sanitarias Galegas en relacion co desenrolo futuro da telerradioloxia na nosa Comunidade. Tras tres reunions o grupo de traballo acadou o consenso nos 8 puntos que se expoñen a continuacion e que tratan de conxugar o coñecemento cientifico ao respecto coa sua aplicacion no entorno da nosa comunidade.
1. A telerradioloxía debe estar regulada en función de criterios de calidade. En ausencia de estándares de calidade na nosa comunidade ou no estado español a Sociedade Galega de Radioloxía (SGR) recomenda como referencia as seguintes guías internacionais:
· Telerradiology Guidelines. Publicado por European Society of Radiology (ESR)
· Telerradiology in the European Union (White Paper). Publicado por ESR
· ACR standard for telerradiology. Publicado por American College of Radiology.
2. En ningún caso a telerradioloxía pode substituír á radioloxía clínica e só deberá facelo en situacións excepcionais nos que non exista dispoñibilidade de radiólogos no centro de orixe ou como complemento ao traballo destes para dar solución a problemas puntuais.
3. A telerradioloxía pode contribuír á mellora da radioloxía clínica en consulta avanzada, especialmente entre radiólogos.
4. En ningún caso a telerradioloxía debe ser contemplada con criterios economicistas. Debe ser, ante todo, unha ferramenta que contribúa a mellorar a asistencia radiolóxica.
5. A SGR recomenda ás autoridades sanitarias da nosa comunidade a creación de grupos de traballo que analicen os problemas específicos da Radioloxía galega e a mellor solución a cada un deles. A telerradioloxía debe ser contemplada como unha ferramenta adicional.
6. A SGR considera importante, e máis na actualidade, a eliminación de estudos radiológicos innecesarios. Deberían favorecerse protocolos clínico-radiolóxicos dos procesos nos que se detecte unha desviación do uso racional das exploracións, velando polo bo facer naqueles procedementos que poidan resolverse con exploracións non ionizantes como a Ecografía, con indicacións ben establecidas pero ameazadas se non se dispón Facultativos do Servizo de Radioloxía presenciais. A SGR quere expresar a súa preocupación ante un posible agravio comparativo no acceso ás distintas técnicas de diagnostico por imaxe polos pacientes segundo o seu lugar de residencia.
7. Deberán establecerse mecanismos para que a radioloxía simple sexa informada na súa totalidade - que por outra banda é un requirimento legal - e a iso pode contribuír a telerradioloxía. Un numero elevado de estudos radiolóxicos simples, especialmente de urxencias, carecen de informe radiolóxico por falta de recursos e iso contribúe a diagnósticos erróneos con gran prexuízo para o paciente e é motivo, non infrecuente de cuantiosas indemnizacións por parte da administración.
8. A SGR é consciente da dificultade de dispor de plantillas de radiologos estables nos Hospitais comarcais e especialmente para a prestación de asistencia continuada cun número reducido déles. Neste sentido seria desexable a estabilización de plantillas e a procura de fórmulas que aumenten a relación entre os radiólogos do Hospital comarcal e os do seu hospital de referencia.

Nenhum comentário:

Postar um comentário