A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

31.8.11

Empezamos as mobilizacións contra o decreto que envía a xestión da nosa área a Ourense

O pasado día 5 de agosto en plenas vacacións e aproveitando un fin de semana, o Consello da Xunta publicou o decreto polo que se crea a Estrutura de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, o que supón na práctica a desaparición da capacidade de xestión que tiñamos ata o momento así como o traslado a Ourense dalgúns servizos e a perda de calidade asistencial para toda a poboación.

En qué afecta aos/ás cidadáns/ás este decreto:



  • Perda de servizos como Laboratorio, Anatomía Patolóxica  RaiosX, servizos dun só profesional como cardioloxía, uroloxía, dermatoloxía e deixar de potenciar o  resto dos  servizos do hospital, posto que perdemos a capacidade de xestionar directamente co SERGAS os problemas e necesidades do hospital, pasando agora a depender única e exclusivamente da Xerencia Única de Ourense, situación esta que fará que o grande (Ourense) coma ao pequeno, (NÓS)

  • A non realización da demandada ampliación do hospital, que no seu día foi comenzada cun estudo das necesidades do hospital e de toda a Área, que está paralizado, e a súa posta en marcha pasa agora a depender das decisións que se tomen en Ourense.

  • Ao perder servizos aumentarán os desprazamentos de pacientes a Ourense, voltando a situacións de hai 20 anos.

Todos os motivos expostos son suficientemente graves para que a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco convoque a tódolos/as cidadáns/ás ás concentracións que se celabrarán os días:

Mércores 31 de agosto as 20 h.
diante do Hospital Comarcal Valdeorras

Mércores 7 de setembro as 20 h.
diante do Hospital Comarcal Valdeorras


NON AO DECRETO!
POR UNHA CAPACIDADE PLENA DE XESTIÓN DENDE A NOSA ÁREA!
POR UNHA SANIDADE DIGNA, PARTICIPA E ACUDE!

Nenhum comentário:

Postar um comentário