A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

6.8.11

Publicado con escurantismo o decreto de xestión integrada que leva a xestión da área de O Barco a Ourense

Este venres publicouse no DOG o decreto que regula a Área de Xestión Integrada que engloba a Ourense, Verín e O Barco. Foi publicado sen publicidade previa e sen ter informado nin aos representantes sindicais nin aos representantes políticos das poboacións afectadas. Foi publicado con escurantismo, para intentar evitar a resposta da cidadanía.


Mais non o van conseguir. En próximas datas, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública reunirase para facer unha valoración deste decreto e das posibles mobilizacións de resposta que se poidan levar a cabo.

Pódese ver o decreto publicado nesta ligazón: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110805/AnuncioC3K1-020811-5070_gl.html

Nenhum comentário:

Postar um comentário