A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

21.11.10

Grande éxito da Manifestación de SOS-Sanidade Pública: a Plataforma do Barco estivo alí!

Esta mañá levouse a cabo con grande éxito a manifestación convocada pola Plataforma SOS-Sanidade Pública, en defensa da sanidade pública e contra a política privatizadora emprendida pola Xunta de Alberto Núñez Feijóo e Pilar Farjas.

Milleiros de persoas participaron na marcha, mália a chuvia, e berraron alto e claro: A Sanidade non se vende, coa saúde non se negocia.

Membros da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco estivemos participando na manifestación para reclamar o mantemento da nosa área sanitaria e a mellora da asistencia que nela se presta. Seguiremos loitando!

Nenhum comentário:

Postar um comentário