A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

7.9.11

Unha segunda concentración pide unha sanidade digna para Valdeorras, Trives e Viana

Pódese dicir que esta segunda concentración foi un éxito de participación. A poboación das nosas comarcas empeza a tomar conciencia do importante que é mobilizarse para defender unha sanidade digna.



Diante do HCV realizouse a concentración coa lectura do manifesto. Nel aludíase ao recorte de prazas no laboratorio. Tamén a que desde maio están sen cubrir unha praza de enfermeira e outra de auxiliar de enfermería. Por outro lado, criticábase o peche de habitacións no verán e o feito de que non se cubran as ausencias de persoal nos centros de saúde.

Pedíuselle ao PP unha postura clara de defensa da sanidade pública das nosas comarcas, algo que non fixo absténdose no Barco nas mocións presentadas polo BNG e o PSOE, e votando en contra na Rúa.

Animouse á xente a participar nas mobilizacións da Plataforma e informouse do calendario máis inmediato:
Martes 20 de setembro: reunión da Plataforma no Multiusos.
Mércores 21de setembro: concentración ás oito diante do HCV.
Venres 28 de outubro: manifestación.

Seguiremos informando.
Ánimo e a seguir loitando por unha sanidade digna.

Nenhum comentário:

Postar um comentário