A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

10.9.11

Os médicos/as do HCV opóñense ao decreto de integración

A defensa dunha sanidade digna para as nosas comarcas é cuestión de todos e todas.

Por iso, agrora, os médicos/as do HCV acaban de declarar a súa total oposición ao Decreto de intergración sanitaria. Segundo eles, supón un cerre encuberto do centro. A aplicación do decreto influirá de forma moi negativa sobre o noso hospital e sobre a atención sanitaria que ofrece a área de Valdeorras.



Para os facultativos, o decreto vai baleirar progresiva e totalmente de contido a actividade do hospital. Segundo eles, deixarán de ofrecerse unha serie de servizos que ata agora se viñan ofrecendo:
- Diversas consultas externas, como cardioloxía, dermatoloxía, uroloxía, otorrinolaringoloxía.
- A actividade de radioloxía.
- O laboratorio do hospital.
- Diversas intervencións cirúrxicas que se viñan realizando.

Todo isto fará que se haxa que traslardar a Ourense para recibir a atención sanitaria adecuada. E por iso os médicos se unen ás protestas de todo o pobo.

Entre todos e todas, unidos, seguro que conseguimos tirar abaixo este prexudicial decreto de integración sanitaria, que o único que fai é desintegrarnos.

Nenhum comentário:

Postar um comentário