A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

21.9.11

Hoxe, mércores 21 de setembro, tamén saímos á rúa: porque somos unha área!

A verdade é que estamos contentos/as coa resposta da xente ás convocatorias da Plataforma. Nin a vendima pode coa necesidade de reivindicar unha sanidade pública e de calidade para as nosas comarcas.

Leuse un texto-manifesto onde se falaba das reivindicacións que están tendo lugar noutros sitios de Galicia, pois o que pasa coa Área do Barco tamén o sofren noutros lados. De aí a importancia de sentirse acompañados/as nas reivindicacións.




E, como non, falouse da recadación de fondos para a Plataforma: algo que é imprescindible para que poida levar a cabo o seu traballo.

Temén do calendario das próximas mobilizacións:

- O próximo martes, día 27de setembro: reunión da Plataforma, ás 20h., no Multiusos.
- O próximo mércores, día 28 de setembro: concentración diante do Hospital, ás 20 h.

Nenhum comentário:

Postar um comentário