A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

5.10.11

Os recortes xa comezaron, por iso voltamos a encher a rúa

Cerca de 500 persoas concentráronse, un mércores máis, diante do Hospital para pedirlle á Conselleira de Sanidade, a popular Pilar Farjas, que derrogue o decreto, lembrándolle que SOMOS UNHA ÁREA.


A Plataforma informou aos asistentes de que o decreto polo que a área sanitaria do Barco queda integrada na de Ourense, pode levarnos a unha situación similar á de 20 anos atrás.

A semana pasada saíu publicado no DOG o regulamento da área de xestión integrada de Ourense (o que dicían que non ía saír até decembro) onde se explica, como xa informara a Plataforma, que este Hospital pasa a depender totalmente de Ourense. Coma sempre fai esta consellería non redactou un texto totalmente ambiguo que non entra en detalles pero xa se comezan a dar pinceladas do que será a nova Área de xestión integrada.

Así, por exemplo, di que o límite de gasto que se xestionará desde este hospital serán como máximo 18.000 €. Para que nos entendamos, un laparoscopio vale moito máis. Ou por exemplo, un TAC (neste hospital estamos agardando un máis moderno) vale moitísimo máis. Ante as obras xa anunciadas no hospital de Ourense, onde se vai inverter boa parte dos orzamentos provinciais, alguén cre que ese TAC que esperamos, realmente chegará ao Barco?

Unha consecuencia palpábel dos recortes que se veñen facendo é a eliminación dunha ambulancia, como xa anunciabamos a semana pasada. A este recorte temos que engadirlle a eliminación tamén dun fisioterapeuta en rehabilitación, co que o aumento nas listas de espera é evidente.

Por todo isto, a Plataforma fixo unha invitación á Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, para que se persone no Barco a explicarnos que máis vai recortar e como será realmente o desenrolo dese decreto.

Nenhum comentário:

Postar um comentário