A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

3.10.11

A Plataforma reúnese para pechar a organización do concerto


A Plataforma en defensa da sanidade pública da área sanitaria do Barco reúnese hoxe luns 3 de outubro no lugar de costume, o salón de actos do edificio multiusos do Barco ás 20 horas como xa é habitual.


Nesta nova xuntanza tratarase de ultimar o concerto que terá lugar o sábado 15 de outubro no Teatro Lauro Olmo (Casa da Cultura) do Barco. Cun fin de sensibilizador ante o grave problema no que a Xunta de Galicia meteu á nosa área sanitaria, para dar a información necesaria, xa que desde o goberno e desde os medios de comunicación só se fala da postura oficial, así como para recoller fondos de cara a que os gastos que se xeren na Grande Manifestación do 27 de outubro poidan ser cubertos.
Unha vez máis, desde a Plataforma, insistimos que estas reunións funcionan como asembleas abertas onde calquera pode participar. Por tanto invitamos a todos e a todas as usuarias da sanidade pública á cita non só para aportar ideas, senón para que poidan coñecer de primeira man como se traballa na Plataforma.

Nenhum comentário:

Postar um comentário