A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

2.10.11

Os recortes e as mentiras

Nestes últimos días semella que a liña oficial da Consellería de Sanidade consiste en levar o debate e o ruxe-ruxe da rúa a cuestionarse quén está detras da Plataforma e que persoas "controlan" este movemento social que cada mércores sae á rúa baixo a consigna "SOMOS UNHA ÁREA".


Supoñemos que interesa máis que se fale diso que dos recortes que está a facer a Xunta de Galicia e do desmantelamento da nosa área sanitaria, onde os recortes xa empezan a facerse reais, como a eliminación dunha ambulancia, como xa informabamos o pasado mércores.

Por iso desde a Plataforma nos vemos obligados a seguir facendo o noso maior obxectivo: informar á veciñanza.

A Plataforma está formada por veciños e veciñas, asociacións de todo tipo, sindicatos e partidos políticos. Máis non é certo que a plataforma esté controlada por políticos. Para ser xustos, hai que dicir que hai políticos do BNG e do PSOE que están traballando moito na Plataforma e que teñen unha considerable implicación, que por outra banda é, simplemente, o que dos políticos se espera.

É mentira que as reunións da Plataforma comecen coa intervención da deputada socialista Mª Carmen Acuña, xa que das 6 reunións que se teñen feito desde agosto deste ano só asistiu a unha. É mentira que o responsáble local do BNG, Manuel Agra Villar sexa o portavoz da Plataforma, xa que a Plataforma non ten portavoz. Nas concentracións que se levan feito cada mércores diante do HCV ten falado Manuel Agra Villar e Víctor Pariente, da UXT, máis ningún dos dous é o voceiro.


Cando un movemento social como a protesta valdeorresa contra a reforma da sanidade galega (a que trata de imitar ao modelo madrileño da Sra. Aguirre), toma a magnitude que está tomando, non é de recibo que se publique nos medios nun breve.

É polo que a Plataforma ten outros medios de comunicación alternativos, como o presente blogue, onde imos informando de cada paso que damos.

Nenhum comentário:

Postar um comentário