A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

29.9.11

A Plataforma estrena unha nova imaxe para unha mesma reivindicación


A Plataforma en defensa da sanidade pública de área do Barco estrena unha nova imaxe que será o lema desta nova reivindicación, deste movemento social que pide a Pilar Farjas e ao PP da Xunta de Galicia que derrogue o decreto do 5 de agosto polo que a área sanitaria do Barco queda integrada na de Ourense.

Esta imaxe, deseñada por Vítor Nieves, será a que transmita a idea mediante os autocolantes e faixas que se farán para as concentracións de cada mércores e na Grande Manifestación do 27 de outubro.

O lema elexido é SOMOS UNHA ÁREA, por ser unha consigna saída da xente, e que resume as reivindicacións da Plataforma. É unha imaxe que fai alusión aos recortes na sanidade (tixeira) e a un afundimento (letras cortadas). A cor morada era xa unha cor empregada nas anteriores campañas da Plataforma, co que non se cambiou. As tipografías son dúas, unha manuscrita que responde á voz do povo, e outra de pau seco e liñas rectas que responde á seriedade do tema que estamos a tratar. Por último só comentar que nun texto máis pequeno, e en forma de aclaración engadiuse "sanidade digna valdeorras_trives_viana", que son as tres comarcas afectadas por este decreto da Consellería de Sanidade.

Nenhum comentário:

Postar um comentário