A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

25.10.11

Rematado o ciclo de conferencias, quentamos motores para a manifestación


Os membros da Plataforma vimos do último acto informativo no Teatro Lauro Olmo do Barco, no que tratamos de clarificar todo o que a Xunta está a facer coa nosa sanidade.



Nas últimas dúas semanas, a Plataforma en defensa da sanidade pública da área do Barco estivo espallando polas tres comarcas que conforman a Área Sanitaria (Valdeorras, Trives e Viana) a información que non se nos conta desde a Consellería de Sanidade. Así tivemos charlas en Viana, en Trives, na Rúa, e por último no Barco.

Nelas falamos do decreto que sacou a Consellería de Sanidade de Pilar Farjas e do seu desenvolvemento, xa que dende a administración galega non se está a falar claro. Os recortes xa comezaron no noso hospital e centros de saúde, e todo o conseguido até o de agora para a nosa comarca corre perigo.

Como xa contamos en varias ocasións, a nosa área queda baixo as ordes da Área Sanitaria de Ourense a todos os niveis. No económico, por exemplo, só se poderá decidir sobre un presuposto anual de 18.000 €, que, para entendernos, calquera das máquinas que precisa este hospital comarcal custa moito máis, como un TAC, ou un laparoscopio.

Tamén invitamos a todo o mundo a defender a súa sanidade pública o xoves 27 na manifestación que sairá desde o Pavillón de Calabagueiros do Barco ás 20 horas.

Nenhum comentário:

Postar um comentário