A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

11.10.11

A Plataforma leva as reivindicacións ao resto de Valdeorras, a Trives e a Viana


Logo da asemblea aberta celebrada onte, a Plataforma en defensa da sanidade pública da área do Barco xa ten fixadas as datas para os actos que levarán información a lugares como A Rúa, Trives ou Viana.



Estas charlas informativas serán impartidas por profesionais do sector e versarán sobre a situación da sanidade páblica nas tres comarcas que comprenden a área sanitaria do Barco, que son Valdeorras, Trives e Viana.

E co gallo de darlle a máxima difusión, a Plataforma xa puxo a funcionar as imprentas para ter xa na rúa carteis coma os que ilustran este post, co obxecto de que se acuda masivamente a estas charlas.

Polo tanto as datas dos actos son os seguintes:

VIANA
Dia: luns 17 de outubro de 2011
Lugar: Casa da Cultura
Hora: 19.00 h.

TRIVES
Dia: martes 18
de outubro de 2011
Lugar:Casa da Cultura
Hora: 20.00 h.

A RUA
Dia: xoves 20
de outubro de 2011
Lugar: Biblioteca- Casa da Cultura
Hora: 20.00 h.

O BARCO
Dia: martes 25
de outubro de 2011
Lugar: Teatro Lauro Olmo (Casa da Cultura)
Hora: 20.00 h.

Nenhum comentário:

Postar um comentário