A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

2.12.11

Música pola nosa área

A Plataforma en defensa da sanidade pública da área do Barco ven de pechar xa os últimos preparativos para a celebración do concerto que veu anunciando ao longo desta temporada nalgunha concentración.



Nas últimas asembleas abertas celebradas decidiuse por ampla maioría pasar das concentracións e manifestos a un plano máis lúdico sen esquecer a reivindicación e a loita cun denominador común: Somos unha área!.

Polo camiño quedan moito esforzo para que a manifestación saíra adiante cun notable éxito, pero, como todo hai que dicilo, tamén quedan os obstáculos postos por aqueles que temen á plataforma, ou dito doutro xeito, aqueles que gustan dos recortes que aplica a Xunta de Galicia; sobre todo nos primeiros intentos de organización do concerto.


En pouco tempo faremos xa pública a data e o cartel do concerto. Con esta celebración preteendemos seguir coa información e sensibilización e chegar tamén á mocidade, noutro xeito de mobilización máis cultural e festiva.

Nenhum comentário:

Postar um comentário