A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

13.12.11

senRecortes Rock, un concerto que defende a sanidade pública

O senRecortes Rock xa está a punto. Porque non todo vai ser manifestarse ou berrar pola rúa, tamén podemos reivindicar os nosos dereitos sanitarios de xeito lúdico á vez que cultural.



Xa fomos desvelendo certas pistas, por iso xa corre a nova polas redes sociais, e na rúa está en boca de tod@s. A espectación é grande para un dos eventos máis grandes que pechará este ano nefasto para a sanidade galega, por non falar da educación ou da cultura e o idioma. Por iso decidimos chamar ao concerto senRecortes Rock, para facer referencia a esa tixeira que nos amola cada vez que a Xunta saca un decreto.

A noite do venres 30 poderemos desfrutar da grande festa que farán cinco grupos do País para seguir reivindicando o mesmo: SOMOS UNHA ÁREA!

Nenhum comentário:

Postar um comentário