A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

14.12.11

As entradas do senRecortes Rock saen á venda



Esta iniciativa da Plataforma fará coincidir nun mesmo concerto, ós grupos máis solidarios da Área Sanitaria do oriente ourensán. Sen Saída, Placeres Solitarios, Navegando a Barlovento, Trasnochando e Os Cuchufellos comporán o cartel deste acto reivindicativo.


Xá están á venda as entradas solidarias para o concerto senRecortes Rock. As entradas do concerto poranse á venda a un prezo de 8 € (anticipada) e 10 € na billetería, e poderánselle mercar a calquera dos/as integrantes da Plataforma, reservalas por Facebook e Twitter, enviando un comentario a este blog ou en puntos de venda como O Moucho en Ourense, A Maltería ou Ton y Son no Barco, os bares 4Camiños na Rúa ou O Cafeto en Trives e na panadería O Chusco en Viana.

A nova xa corre a nova polas redes sociais (en twitter coas hashtags #senRecortesRock e #somosunhaarea), e na rúa está en boca de tod@s.


Coa entrada sortearanse camisetas e unha “Viaxe Sanitaria” que consistirá nunha viaxe a Ourense en tren rexional para dúas persoas e estancia en hostal de unha estrela na capital, pois habémolo precisar a vindeira vez que vaiamos ao médico e vexamos que xa se desmantelou por completo o noso hospital.

A pesares de ter organizada a seguridade no concerto e contratado o seguro necesario para este tipo de eventos, a organización adianta xa unha cláusula retranqueira que aceptarán os asistentes ao senRecortes Rock e é que “a Plataforma non se responsabilizará dos posíbeis danos que poidan suceder no desenvolvemento do concerto, xa que daquela poida que a sanidade non sexa gratuíta”.

Nenhum comentário:

Postar um comentário