A Sanidade é cousa de tod@s. 4.000 VECES GRAZAS!

15.12.11

A reivindicación da Plataforma convértese en música para concienciar

Dende a Plataforma explicouse que “é de todos coñecido que os recortes na sanidade vai provocar que teñamos que saír á rúa máis dunha vez, lembrade a intención anunciada por Feijóo de cobrar pola estancia nos hospitais, polas próteses de cadeira, por non falar dos recortes na contratación e nos mesmos contratos (hoxe moitos deles fanse a tempo parcial para cubrir xornadas completas). Sabedes tamén -continuouse- que a dia de hoxe aínda quedan centos de persoas que lles foi desactivada a tarxeta sanitaria, polo que non teñen dereito nin a receitas nin a atención que non sexa urxente, e esta terán que pagala”.



Na presentación do senRecortesRock interviron Vitor Sierra e Víctor Pariente integrantes da Plataforma e  David Rodríguez, Mario e Suso Rodríguez, artistas dos grupos musicais.

O concerto terá un carácter reivindicativo e concienciador. Reivindicativo para apoiar a sanidade pública e posicionarse en contra dos recortes que, en xeral, aplica a Xunta de Galicia nas súas políticas, e en particular na sanidade pública, pilar básico do noso sistema de benestar. E concienciador porque o senRecortes Rock pretende ser o impulso que involucre definitivamente á mocidade do oriente ourensán na loita pola nosa área.

O concerto terá lugar o 30 de decembro ás 20 horas no Campo da Festa do Malecón do Barco e nel acturán grupos como os Sen Saída, Navegando a Barlovento, Trasnochando, Placeres Solitarios ou Os Cuchufellos, e que terá como presentadora excepcional a Diana Rodríguez Ramos.

Dende a Plataforma tamén se deixou claro que este concerto sae adiante, pese aos atrancos, grazas ao esforzo das persoas e organizacións que compoñen a Plataforma, e agradeceuse encarecidamente a colaboración dos músicos.

As entradas, que saíron onte á venda teñen un prezo de 8 € (anticipada) e 10 € na billetería. Coa entrada sotearáse unha "viaxe sanitaria" que consiste nunha viaxe en rexional para dúas persoas a Ourense e estancia de unha noite en hostal de unha estrela, pois imos precisar desa viaxe cando teñamos que ir ao médico a Ourense.

O prezo responde a que ningunha administración local quixo apoiar o concerto, xa que tampouco participan na Plataforma. Deste xeito, os cartos recadados durante o concerto, unha vez cubertos os gastos (algo máis de 4.000 euros para carpa, equipo de son, imprenta, palco, etc.), irán destinados á realización de actividades en defensa da sanidade.

Finalmente, animouse á veciñanza a acudir a un concerto que reúne ós mellores grupos da zona.

Nenhum comentário:

Postar um comentário